De cara ao 19 de xuño...
!HAI QUE BOTALOS¡

Se hai algo do que non falamos e que está de actualidade é este filme feito integramente por galegos.
Trátase de vinte e pico curtametraxes que teñen como obxetivo un peculiar eloxio contra o goberno do señor Fraga e a prosperidade que supuxo que este individuo gobernase o noso país durante tantos anos. Tamén fala dos avances que sufriu Galiza grazas aos grandes investimentos que fixo o goberno popular. Aconsellamosvos aos que aínda non o fixestes que entredes en www.haiquebotalos.com ou en www.arredemo.info páxina da cal sacamos esta foto.











